FALAREDES 2016

Todo me fala de ti

FalaRedes ábrese cunha actividade de dinamización lingüística que é tamén unha homenaxe a Manuel María, o autor a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas. Con ela, a Secretaría Xeral de Política Lingüística réndelle tributo ao poeta do pobo e fai partícipe desta celebración á Rede de Dinamización Lingüística.

Todo me fala de ti
Todo me fala de ti
Todo me fala de ti
Todo me fala de ti
Todo me fala de ti
Todo me fala de ti
Estrea en Ourense
Estrea en Ourense
Estrea en Ourense
Estrea en Ourense
Estrea en Ourense
Estrea en Ourense
Estrea en Ourense
Estrea en Ourense
Estrea en Ourense
Estrea en Ourense
Todo me fala de ti en Marín
Todo me fala de ti en Marín
Todo me fala de ti na Coruña
Todo me fala de ti na Coruña
Todo me fala de ti en Ribeira
Todo me fala de ti en Ribeira
Todo me fala de ti en Santiago
Todo me fala de ti en Santiago
Todo me fala de ti en Santiago
Todo me fala de ti en Santiago
Todo me fala de ti Burela
Todo me fala de ti Burela
Todo me fala de ti Burela
Todo me fala de ti Burela
Todo me fala de ti Burela
Todo me fala de ti Burela
Tdo me fala de ti Vilalba
Tdo me fala de ti Vilalba
Todo me fala de ti Vilalba
Todo me fala de ti Vilalba

Os recoñecidos músicos Uxía, Magín Blanco e Santi Cribeiro -que teñen mostrado a súa mestría para engaiolar o público infantil en traballos como María Fumaça, Rosalía pequeniña, A nena e o grilo ou Gatuxo- cantan os textos do poeta da Terra Cha nun concerto pensado para cativada de máis de 5 anos e as súas familias.

Deste xeito, ao tempo que difunden a obra de Manuel María entre a xente miúda, amplían o repertorio de música infantil en galego coas cancións do seu disco Canta o cuco. Todo me fala de ti ofrécenos, pois, temas bonitos e doados de aprender que se desfrutarán durante o concerto e que, con seguridade, se seguirán cantando na casa para que o galego estea presente no espazo familiar unha vez rematada a actividade.

Baixo xestión de Urdime Propostas Culturais, o espectáculo de dinamización lingüística chegará aos concellos de Ourense, Marín, Betanzos, A Coruña, Ferrol, Ribeira, Santiago de Compostela, Burela, Vilalba, O Carballiño, Ribadavia, Cangas, A Estrada, Vilagarcía de Arousa e Ponteceso (en colaboración coa Fundación Eduardo Pondal) de febreiro a maio de 2016.

Documentos relacionados

Ligazóns relacionadas