FALAREDES 2018

Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos

A segunda actividade do programa FalaRedes 2018, sen deixar de servir aos obxectivos de promoción do galego que guían dende sempre este programa de dinamización lingüística, constitúe tamén unha homenaxe á autora a quen a Real Academia Galega lle dedica este ano o Día das Letras Galegas: María Victoria Moreno.
Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos
Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos

En abril e maio FalaRedes réndelle homenaxe á autora a quen se lle dedica este 2018 o Día das Letras Galegas: María Victoria Moreno. Faino coa peza teatral Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos, un percorrido pola vida e a obra da escritora, que se definía a si mesma coas palabras que lle dan título á obra.

Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos está dirixida a todos os públicos a partir dos 14 anos e chegará durante abril e maio a 9 concellos da Rede de Dinamización Lingüística. Haberá, ademais, un pase especial para o alumnado do instituto de Vilalonga (Sanxenxo) por ser este un dos centros onde impartiu docencia María Victoria Moreno, docente apaixonada co seu traballo e co seu alumnado e escritora de literatura infantil e xuvenil.

 

Axenda de FalaRedes 2018. Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos

Data e hora

Lugar

Concello

Provincia

20 de abril, 12:00 IES de VilalongaSanxenxo Pontevedra
20 de abril, 21:00 Auditorio do Pazo Emilia Pardo BazánSanxenxoPontevedra
21 de abril, 19:30 Auditorio Municipal "Ángel Cocho" da Casa da CulturaXinzo de Limia Ourense
27 de abril, 21:00 Salón GarcíaVilagarcía de ArousaPontevedra
28 de abril, 20:00 Casa da Cultura de CamporrapadoBoqueixón A Coruña
29 de abril, 19:00 Auditorio Municipal de ValgaValga Pontevedra
1 de maio, 19:00 Teatro Pastor DíazViveiro Lugo
4 de maio, 21:00 Casa da Cultura Ramón Martínez LópezBoiro A Coruña
5 de maio, 21:00 Teatro "Coliseo Noela"Noia A Coruña
6 de maio, 18:00 Auditorio Municipal do CarballiñoO Carballiño Ourense
    

Documentos relacionados