FALAREDES 2021

Un rei e outros animais

Un rei e outros animais. Detalle do cartel
Un rei e outros animais. Detalle do cartel

Velaquí un espectáculo para público familiar do músico e manipulador de monicreques Carlos Quintá Cagide. Durante a representación, os nenos e nenas contarán e cantarán historias e pezas da tradición galega e outras de nova creación, todas protagonizadas por animais, coa axuda de xoguetes sonoros e monicresques variados.

Un rei e outros animais visitará en setembro 6 entidades da Rede de Dinamización Lingüística: Melide, Boqueixón, Fene, Celanova, Mos e Padrón.

 

       Axenda de FalaRedes 2021. Un rei e outros animais
Data e hora  Lugar  Concello  Provincia
Venres 3 de setembro, ás 20:00 horas Praza de Macías Padrón  A Coruña
Domingo 19 de setembro, ás 19:00 horas Casa da Cultura Boqueixón  A Coruña
Xoves 30 de setembro, ás 18:00 horas Casa da Cultura Fene  A Coruña
Sábado 2 de outubro, ás 12:00 horas Casa dos Poetas Celanova  Ourense

Sábado 2 de outubro, ás 18:00 horas

Auditorio das Pozas (Petelos) Mos Pontevedra
Domingo 17 de outubro, ás 18:00 horas Centro Sociocultural Mingos de Pita Melide A Coruña

 

Documentos relacionados