FALAREDES 2021

Romeo e Xulieta

Romeo e Xulieta. Detalle do cartel
Romeo e Xulieta. Detalle do cartel

Romeo e Xulieta: o soño do amor, da compañía Elefante Elegante, é unha adaptación do clásico de Shakespeare, un espectáculo teatral dirixido a público adulto que estará seguido dun coloquio co público guiado por María Lado. A peza trata temáticas de relevancia na actualidade e pon o foco na igualdade de xénero.

A Rede de Dinamización Lingüística levará esta peza ao Culturgal e mais a dous concellos da Rede de Dinamización Lingüística: Melide e Sanxenxo.

 

       Axenda de FalaRedes 2021. Romeo e Xulieta
Data e hora  Lugar  Concello  Provincia
Domingo 19 de setembro, ás 20:00 horas Centro Sociocultural Mingos de Pita  Melide  A Coruña
Domingo 14 de novembro, ás 18:00 horas Auditorio Emilia Pardo Bazán  Sanxenxo  Pontevedra

 

Documentos relacionados