FALAREDES 2021

Libre coma os paxaros

Libre coma os paxaros. Detalle do cartel
Libre coma os paxaros. Detalle do cartel

Libre coma os paxaros, da compañía Teatro do Atlántico, é unha peza teatral para público adulto e adolescentes de máis de 14 anos en que a figura protagonista é Rosalía de Castro, quen, interpretada por María Barcala, se dirixe ao público en primeira persoa compartindo as particularidades da súa propia orixe, do seu pensamento, da súa circunstancia social e dos condicionamentos que ten que superar para ser quen de exercer a creación poética e literaria.

O programa de dinamización lingüística FalaRedes levará Libre coma os paxaros este outono a Vilagarcía de Arousa, A Laracha, Cerceda, Ferrol e Burela.

 

       Axenda de FalaRedes 2021. Libre coma os paxaros
Data e hora  Lugar  Concello  Provincia
Venres 15 de outubro, ás 20:00 horas Auditorio Municipal  Vilagarcía de Arousa  Pontevedra
Venres 29 de outubro, ás 21:00 horas Casa da Cultura  A Laracha  A Coruña
Domingo 7 de novembro, ás 19:00 horas Auditorio Municipal  Cerceda  A Coruña
Domingo, 14 de novembro ás 19:30 horas Teatro Jofre  Ferrol  A Coruña
Domingo 21 de novembro, ás 19:30 horas Casa da Cultura  Burela  Lugo

 

Documentos relacionados