FALAREDES 2021

Invisibles

Invisibles. Detalle do cartel
Invisibles. Detalle do cartel

Redrum Teatro participa por primeira vez no programa de dinamización lingüística FalaRedes coa peza Invisibles, que chegará este outono ao Val do Dubra, A Pobra do Caramiñal, Soutomaior e o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra.

Invisible é un espectáculo teatral creado a partir da novela homónima de Montse Fajardo, que presenta ante o público diversas historias cun fío común entre elas: a violencia de xénero. O seu interese reside na exposición de historias reais protagonizadas por mulleres galegas, historias sobre malos tratos, algunhas delas xa coñecidas polo público pola súa repercusión mediática. A pretensión fundamental é sensibilizar as espectadoras e os espectadores sobre esta lacra que invade a nosa sociedade.

 

       Axenda de FalaRedes 2021. Invisibles
Data e hora  Lugar  Concello  Provincia
Domingo 17 de outubro, ás 19:00 horas Auditorio Municipal  Val do Dubra  A Coruña
Sábado 30 de outubro, ás 21:00 horas Auditorio Multiúsos de Arcade  Soutomaior  Pontevedra
Domingo 31 de outubro, en hora por determinar Cine Elma  A Pobra do Caramiñal  A Coruña
Domingo 14 de novembro ás 19:00 horas Auditorio Municipal  Quiroga  Lugo

 

Documentos relacionados