FALAREDES 2021

O Candil. Un musical galego

O Candil. Un musical galego. Detalle do cartel
O Candil. Un musical galego. Detalle do cartel

A Escola Galega de Teatro Musical (EGTM) trae ao programa de dinamización lingüística FalaRedes unha obra de teatro musical que xira arredor dos temas do noso cancioneiro popular. Nela pídese a participación do público como convidado a unha festa clandestina no Pavillón Lino da Coruña, en 1919. Ao mesmo tempo, esta comedia de variedades fai un percorrido pola historia sociopolítica e artística de Galicia e os inicios da muller no mundo laboral durante os tolos anos 20.

 

       Axenda de FalaRedes 2021. O candil. Un musical galego
Data e hora  Lugar  Concello  Provincia
Sábado 23 de outubro, 19:00 horas

Polideportivo Municipal

Cortegada  Ourense
Sábado 13 de novembro, 21:00 horas Auditorio Multiúsos de Arcade Soutomaior  Pontevedra
Sábado 27 de novembro, ás 17:00 horas Casa da Cultura Touro  A Coruña

 

Documentos relacionados