FALAREDES 2022

A miña lingua, a túa lingua

A miña lingua, a túa lingua. Detalle do cartel
A miña lingua, a túa lingua. Detalle do cartel

A miña lingua, a túa lingua, do grupo de música infantil O Viravai, é moito máis ca un concerto. Trátase dun espectáculo participativo pensado para nenos e nenas de 6 a 11 anos de idade no que se inclúen cancións en galego e inglés, un idioma que se introduce partindo da lingua propia de Galicia.

Entre maio e xullo, a música de O Viravai chegará, baixo xestión de Merlín Comunicación, a 12 entidades da Rede de Dinamización Lingüística: Baiona, Cangas, Cambados, Silleda, Valga, Betanzos, Boiro, Narón, Noia, Padrón, Ortigueira e Avión.

 

       Axenda de FalaRedes 2022. A miña lingua, a túa lingua
Data e hora  Lugar  Concello  Provincia
13 de maio, ás 20:00 h  Casa da Cultura Boiro  A Coruña
15 de maio, ás 19:00 h  Auditorio da Xuventude Cambados  Pontevedra
16 de maio, ás 18:00 h  Auditorio Municipal Padrón  A Coruña
17 de maio, ás 18:30 h  Xardíns Casa da Navegación Baiona  Pontevedra
21 de maio, ás 19:00 h  Auditorio Municipal Valga  Pontevedra
28 de maio, ás 19:00 h  Teatro Noela Noia  A Coruña
4 de xuño, ás 18:00 h  Aula Municipal Xulio Cuns Betanzos  A Coruña
11 de xuño, ás 18:00 h  Teatro da Beneficencia Ortigueira  A Coruña
12 de xuño, ás 12:00 h  Centro Cívico Social do Val Narón  A Coruña
23 de xuño, ás 18:00 h  Centro Multifuncional Avión  Ourense
8 de xullo, ás 18:00 h  Praza Señor Afranio Silleda  Pontevedra
16 de xullo, ás 20:30 h  Adro da Igrexa de Hío Cangas  Pontevedra

Documentos relacionados