FALAREDES 2022

Picadiscos

Un espectáculo do FalaRedes cunha vocalista de longa traxectoria na música infantil galega.

María Faltri, tamén vocalista da Banda das Apertas de Magín Blanco, chega agora cun espectáculo orixinal e sorprendente: unha picadiscos de música infantil. Durante o seu espectáculo María brindaralle aos cativos e cativas unha escolla da mellor música infantil galega para que non deixen de xogar e bailar. Tamén para que aprendan as cancións da man dos libros da súa pequena biblioteca ambulante.

Axenda de FalaRedes 2022. Picadiscos Marifaltri
Data e hora Lugar Concello Provincia
26 de xuño. Ás 19:00 h Praza do Mercado A Estrada Pontevedra
7 de xullo. Ás 20: 30 h Parque da Panadeira Sanxenxo Pontevedra
21 de xullo. Ás 20:00 h A Chousa (Combarro) Poio Pontevedra
30 de xullo. Ás 18:00 h Piscina municipal Trazo A Coruña
17 de agosto. Ás 19:00 h Piscina municipal Bande Ourense
19 de agosto. Ás 18:00 h Praia Fluvial da Pobra de San Xiao Láncara Lugo
20 de agosto. Ás 17:00 h Carballeira do parque Venezuela Forcarei Pontevedra
28 de agosto. Ás 19:00 h Adro da parroquia de Cela Bueu Pontevedra
11 de setembro. Ás 12:00 h Carballeira de Ribadumia Ribadumia Pontevedra
22 de outubro. Ás 18:00 h Mercado de abastos Meis Pontevedra
    

Documentos relacionados