FALAREDES 2022

O tranvía Leonardo

Espectáculo de Fantoches Baj para FalaRedes.

Un espectáculo de narración oral para a infancia con monicreques e música en que se conta a historia do primeiro tranvía a vapor de Galicia, protagonista de innumerábeis cancións e anécdotas.

Neste espectáculo a participación do público é continua: aprendendo a pronunciar o "Trabalinguas" das trisílabas ou a cantar a Maturrangaina, na que o público miúdo se exercita en dicir os números en galego do un ao dez. Ao final da función agasállase o público cun xogo recortable coa canción á que fai referencia a imaxe, co obxectivo de que poidan xogar e cantar con el na casa.

Axenda de FalaRedes 2022. O tranvía Leonardo
Data e hora Lugar Concello Provincia
23 de xullo. Ás 12:00 h Anfiteatro Arteixo A Coruña
23 de xullo. Ás 20.30 h Praza das Escolas Vellas Gondomar Pontevedra
27 de xullo. Ás 21:00 h Praza de San Roque (Cespón) Boiro A Coruña
6 de agosto. Ás 20:00 h Praza do Concello Toén Ourense
16 de agosto. Ás 21:00 h Praza da Constitución Bande Ourense
21 de agosto. Ás 19:00 h Praza do Reloxo Trives Ourense
24 de agosto. Ás 11:00 h Praza Emilia Pardo Bazán O Carballiño Ourense
25 de agosto. Ás 20:00 h Campo da Festa de Seira Rois A Coruña
26 de agosto. Ás 12:00 h Piscina Municipal Mesía A Coruña
7 de setembro. Ás 20:00 h Praza do Concello Rodeiro Pontevedra
9 de setembro. Ás 19:00 h Auditorio Xosé Casal Vila de Cruces Pontevedra
25 de setembro. Ás 18:00 h Praza da Biblioteca Lalín Pontevedra
2 de outubro. Ás 17:00 h Auditorio Casa da Cultura A Cañiza Pontevedra

Documentos relacionados