FALAREDES 2022

Xela contra o dragón Traga-verbas

Xela contra o dragón Traga-verbas, de Títeres Cachirulo, é un espectáculo de monicreques. A súa protagonista, Xela, de 10 anos, ten que liberar aos seus compañeiros de escola, atrapados polo malvado Katraska quen, valéndose do Dragón Traga-verbas, os ten escondidos na cova do trasno. Alí permanecerán ata que esquezan o galego, a súa lingua nai, e se convertan nos seus secuaces.

Trátase a importancia do uso cotián da lingua galega, e da conservación da nosa identidade. A continuación de cada representación, lévase a cabo un obradoiro para traballar os conceptos presentados na obra e recoller os resultados no libro Memoria das Verbas recuperadas.

Axenda de FalaRedes 2022. Xela contra o dragón Traga-verbas
Data e hora Lugar Concello Provincia
8 de agosto. Ás 20:00 h Praza do Mosteiro Montederramo Ourense
11 de agosto. Ás 20.00 h Museo do Mar Vigo Pontevedra
19 de agosto. Ás 19:30 h Local da Asociación Agrela Toén Ourense
28 de agosto. Ás 19:30 h Praza de Mondariz Mondariz Pontevedra
3 de setembro. Ás 19:00 h Carballeira de Chaián Trazo A Coruña
29 de setembro. Ás 19:00 h Praza do Concello O Porriño Pontevedra
30 de setembro. Ás 18:00 h Parque do Sobreiral O Rosal Pontevedra
1 de outubro. Ás 12:00 h Campo da Feira Carral A Coruña

 

Documentos relacionados