FALAREDES 2022

Cadernos de cores e cancións

É un espectáculo musical de Magín Blanco e Pablo Vidal dirixido ao público infantil e familiar que propón un percorrido pola creación musical e literaria das cancións. Partindo do legado dos trobadores e trobadoras, esta proposta de dinamización en formato concerto-obradoiro repasa diferentes cancións en lingua galega e facilita un espazo de interacción e intercambio co público para que, de forma colectiva, se cree unha nova peza. A través do xogo, o publico poderá comunicarse e facer uso da lingua galega coas melodías, as harmonías e a musicalidade poética das rimas.

       Axenda de FalaRedes 2022. 
Data e hora  Lugar  Concello  Provincia
10 de setembro, ás 12:00 h Centro Veciñal e Cultural de Valadares Vigo Pontevedra
17 de setembro, ás 18:00 h Campo da festa de Tenorio Cerdedo-Cotobade Pontevedra
8 de outubro, ás 18:00 h Museo do Mar de Galicia Vigo Pontevedra
15 de outubro, ás 19:00 h Salón de Actos do Concello Laxe A Coruña
4 de novembro, ás 18:00 h Salón de Actos da Casa da Cultura O Grove Pontevedra
19 de novembro, ás 18:00 h Centro de Pedornes Oia Pontevedra
25 de novembro, ás 18:00 h Casino Noia A Coruña
26 de novembro, pendente hora Culturgal Pontevedra Pontevedra