FALAREDES 2023

Cubo

Cubo. Detalle do cartel
Cubo. Detalle do cartel

Espectáculo teatral de fantasía, humor e poesía dirixida a público infantil e familiar que evoca a amizade, as separacións, a necesidade de coñecemento e a aventura de medrar desde a igualdade, rompendo os arquetipos de xénero.

Nun misterioso CUBO, dúas persoas moi diferentes son quen de vivir en harmonía. Ela é curiosa e decidida, el é tenro e vulnerable. Xogan, divírtense e rin, pero un día ela decide ir máis aló, quere viaxar en busca de novas preguntas e descubrir o mundo enteiro. El está contento coas súas respostas, séntese cómodo, seguro, e non quere máis que balancearse eternamente no bambán do seu CUBO. Sempre conseguiron poñerse de acordo pero esta vez semella moi complicado. Que solución atoparán?

Axenda de FalaRedes 2023. Cubo
Data e hora  Lugar  Concello  Provincia
30 de xuño, ás 18:00 h CSC Santa Marta Santiago de Compostela A Coruña
1 de setembro, ás 19:30 h Auditorio Municipal Xosé Manuel Pazos Cangas Pontevedra
2 de setembro, ás 19:00 h Aula de Cultura Xulio CunsBetanzos A Coruña
3 de setembro, ás 18:00 h Casa da Cultura Burela Lugo
20 de setembro, ás 19:00 h Salón Teatro do Auditorio Municipal Lalín Pontevedra
21 de setembro, ás 19:00 h Teatro JofreFerrol A Coruña
23 de setembro, ás 18:30 h Teatro Coliseo Noela Noia A Coruña
24 de setembro, ás 18:00 h Auditorio Manuel María O Carballiño Ourense

Documentos relacionados