Conferencia de Mercedes Queixas
Para conmemorar o Día das Letras Galegas 2016, o Centro de Estudos Galegos (CEG) da Universidade Nova de Lisboa organiza no Centro Galego de Lisboa a conferencia "Voltar a Portugal: dourada luz que ilumina", de Mercedes Queixas Zas, que se centrará nas intensas relacións que o poeta chairego tivo con Portugal e a súa cultura dende a década de 1960.
Esta actividade, para a que se conta coa colaboración da Asociación de Escritores/as en Lingua Galega, constitúe unha sesión especial do ciclo (Des)Encontros Galego-Portugueses que o CEG organiza conxuntamente coa Xuventude de Galicia-Centro Galego de Lisboa.
Terá lugar o 20 de maio ás 19:00 horas no Centro Galego de Lisboa.
Documentos relacionados
-
Programa PDF