Exposición de libros galegos

O Pati de Lletres da Universidade de Barcelona (UB) acolle unha mostra de libros escritos en galego organizada polo Centro de Estudos Galegos.

Exposición de libros galegos
Exposición de libros galegos

Entre o 9 e o 17 de maio, libros de distintos autores estarán pendurados dos balcóns e chegarán ata o Pati coa finalidade de que a xente poida velos e mesmo abrilos para ver de que tratan e quen os escribiu. Nos dous últimos días, avisarase de que cada persoa pode levar o que máis lle guste, sempre que o lea.