O Festival Internacional Kerouac, que se celebra en Nova York do 3 ao 8 de abril co apoio da Consellería de Cultura e Educación, celebra varias xornadas dedicada a Galicia na que participan Francisco Castro, Sheila Blanco, Marta López Luaces e Marcos de la Fuente.
Poetas e artistas dos dous lados do Atlántico únense nun festival vibrante que mestura vídeo, música e performance. Unha enriquecedora viaxe de ida e volta coa Xeración Beat e Jack Kerouac como eixes e a nova tendencia da poesía contemporánea convertida en ponte entre continentes, nunha aposta pola expresión poética como símbolo de vangarda e modernidade.
