Ciclo de Cinema Luso-Galego: Mulleres, Patrimonios e Sociedade
Os días 3, 10 e 17 de maio de 2018. En Braga.
O Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Vicerreitoría de Cultura e Sociedade e o Consello da Cultura Galega organiza un ciclo de cinema luso-galego en Braga que leva por título: "Mulleres, Patrimonios e Sociedade”.
Levarase a cabo en tres xornadas "Mulleres, 3 de maio", "Patrimonios, 10 de maio" e "Sociedade, 17 de maio". O ciclo terá lugar no Cinemax - BragaShopping de Braga. Ademais da proxección dos filmes, os e as asistentes poderán compartir cos e coas directoras dos filmes un coloquio ao final de cada xornada."
Documentos relacionados
-
Ciclo de Cinema Luso-Galego PDF