Encontro con autores na UAB: Suso de Toro e Iban Zaldua
O 24 de abril na Universidade Autónoma de Barcelona.
O lectorado de galego da Universidade Autónoma de Barcelona organiza xunto cos estudos vascos da Facultade de Filosofia e Letras un encontro con dous escritores. Este ano acudirán Suso de Toro e Iban Zaldua. O encontro terá lugar o día 24 de abril na Sala Teatre da universidade ás 13:00 horas.
É a cuarta edición dunha actividade que coincide coa celebración do Sant Jordi na UAB.