XII Xornadas Martín Sarmiento

Con motivo do Día do Galego no Bierzo, a Secretaría Xeral de Política Lingüística colabora coa Comisión Cultural Martín Sarmiento e coa Junta de Castilla y León na organización das XII Xornadas Martín Sarmiento, que se celebrarán no marco do Programa de promoción da lingua galega no Bierzo e en Sanabria e mais do encontro anual doscentros de ensino do galego nesta área galegofalante que suma máis de 1000 alumnos e alumnas no ano escolar en curso.

Entre outros actos, o alumnado de educación infantil e primaria participante no Programa de Promoción do Galego no Bierzo asistirá á actividade de dinamización lingüística Enredando con Pakolas, subvencionada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, en tanto que o alumnado de secundaria e da EOI de Ponferrada lle renderá homenaxe ao poeta berciano Ramón González-Alegre.

Documentos relacionados