I Festival Virtual da Literatura Galega

DataLib Servizos Documentais, Anna R. Figueiredo e Revista Fervenzas Literarias, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo, organizan o FLIV 2020, o I Festival Virtual da Literatura galega, un espazo virtual co obxectivo de visibilizar a riqueza cultural galega e a riqueza empresarial que ten detrás a través de múltiples actividades.

A primeira convocatoria celebrarase de maneira virtual no portal web www.fliv.gal que será o punto de encontro deste novo festival literario.

O FLIV é un "punto de encontro virtual" que terá apartados para a literatura e as peregrinacións e fará un repaso por todos os xéneros literarios: novela, ensaio, poesía, teatro e literatura infantil e xuvenil, sen descontar o cómic ou a presenza doutras literaturas na literatura galega por medio da tradución.

No soportal do FLIV desenvolveranse distintas actividades relacionadas co libro: presentacións, debates, clubs de lectura e tamén encontros entre autores coa vantaxe, segundo explican os organizadores, de que "estes contidos permanecerán na web e seguirán sendo accesíbeis unha vez pasadas as datas do festival".

Datas: Venres 26 a domingo 28 de xuño de 2020

Web do festival

Ligazóns relacionadas