Ricardo Carvalho Calero e a historiografía literaria en Galicia
O Centro de Estudos Galegos da Universitat de Barcelona retoma a exposición sobre a figura homenaxeada con motivo das Letras Galegas 2020, que se vira interrompida polo estado de alarma.
A mostra poderá verse na Biblioteca de Letras da Universidade ata finais de setembro, non só no seu espazo físico -menos visitado estes días por mor da pandemia da covid-19- senón tamén no virtual.
Lugar: Universitat de Barcelona. Biblioteca de Lletres.
Datas: Ata o 30 de setembro de 2020