Obradoiro literario con Tecedeiras
O Centro de Estudos Galegos da Universidade do País Vasco (UPV/EHU) ofrece esta actividade en liña que, malia estar enfocada ao alumnado que está a aprender o galego, está aberta a calquera persoa interesada.
Da man de Eduardo Estévez e Lorena Souto, de Tecedeiras, as persoas asistentes visitarán unha escolma de textos da literatura galega contemporánea e verán algunha técnica de escrita creativa. A actividade será en liña e, para inscribirse, abonda con enviar un correo electrónico antes do día 31 a: maximofernando.fraga@ehu.eus
Data: 31 de marzo
Hora: 11:00 h.
Lugar: https://eu.bbcollab.com/guest/c2159029adfe42d9b3e70c4e13c7f04
Documentos relacionados
-
Cartel PDF