Conferencias sobre tradución no Centro de Estudos Galegos do Algarve
Actividade en liña.
Tradución en Galiza é o evento anunciado polo Centro de Estudos Galegos do Algarve para este luns 3 de maio de 2021, a partir das 18:00 horas. Incluirá dúas conferencias en liña: "A xustificación do tradutor na era da tecnoloxía" e "A importancia da tradución nas linguas periféricas. O caso do galego". Estas palestras forman parte da mesa redonda À(a) conversa, que se desenvolverá entre os meses de maio e decembro e na que contarán con conferencias de distintos especialistas nas áreas da tradución, a edición e a normalización lingüística.
Información de acceso
Ligazón: shorturl.at/aiAT3
ID da reunión: 83793282956
Contrasinal de acceso: 417085
Documentos relacionados
-
Cartel JPG