Exposición "Castelao. Arte e humor ao servizo das ideas"
Actividade en colaboración co Centro de Estudos Galegos da Habana.
A Embaixada de España en Cuba, en colaboración coa Biblioteca Nacional de Cuba e o Centro de Estudos Galegos da Habana, achegan un pequeno percorrido pola obra de Castelao. A inauguración pode seguirse a través de internet e as redes sociais da embaixada proxectarán un percorrido virtual pola exposición.
Lugar: Sala de Exposicións da Biblioteca Nacional de Cuba.
Data e hora: 17 de maio ás 10:30 horas