Vangarda e tradición na poesía de Otero Espasandín
Conferencia a cargo de José Ángel García López (Univ. D'Alacant). A conferencia versará sobre a obra poética do escritor galego José Rogelio Otero Espasandín, escritor exiliado na Arxentina e posteriormente nos Estados Unidos. O encargado de impartir a actividade será o doutor José Ángel García López.
Organizada polo Centro de Estudos Galegos de Alacante, está destinada a alumnado universitario e persoas interesadas en xeral. Non é necesaria a inscrición previa por se tratar dunha actividade impartida en liña, razón pola cal tampouco se establece un límite respecto do número de asistentes. A actividade é gratuíta.
Data e hora: Luns, 25 de outubro. 15:00 horas.
Lugar: Aula Virtual (UACloud)
Persoa de contacto: José Ángel García López. Garcia.Lopez@ua.es
Documentos relacionados
-
Cartel DOCX