“Por un teatro social. Do íntimo ao político”

Actividade do Centro de Estudos Galegos da Universidade de Barcelona.

No ciclo permanente Non só Rosalía de Castro, o vindeiro martes 16 de novembro entre as 17:30h e as 19h terá lugar na sala 3.5 do edificio Josep Carner da Facultade de Filoloxía e Comunicación a conferencia do escritor e director de teatro galego Santiago Cortegoso.

O integrante da compañía Ibuprofeno Teatro fará un percorrido pola súa carreira e abrirá un espazo de reflexión sobre o mundo do teatro dende a perspectiva galega.

O acto está organizado polo Centro de Estudos Galegos da Universitat de Barcelona e será dirixido pola profesora Helena González.

Ligazóns relacionadas