Curso de galego en liña
Coma todos os anos, o 2 de decembro a Universidade de Leipzig ofrecerá tres minicursos de galego, éuscaro e catalán para celebrar o seu aniversario e a súa xornada de portas abertas.
Así mesmo, e con motivo do seu 612° aniversario, a institución presentou un interesante e variado programa para o Dies Academicus, que este ano se celebrará integramente en liña. Este programa está aberto a todas aquelas persoas que desexen participar na celebración da universidade e aprender un pouco de éuscaro, galego e catalán desde calquera parte do mundo.
Documentos relacionados
-
Cartel PNG