VII Confluencias medievais. 800 anos de sabedoría
A Cátedra de Cultura Galega e a Facultade de Artes e Letras da Universidade da Habana (Cuba) organiza un ano máis este evento científico, quen en 2022 se centra en Afonso X o Sabio.
Confluencias medievais ten os obxectivos de achegarlles a cultura medieval ao estudantado universitario, aos investigadores especializados e ao público interesado en xeral; mostrar o esplendor da lingua e da cultura galegas na época medieval; suscitar investigacións sobre cultura medieval que contribúan á expansión de coñecemento sobre as expresións culturais medievais galegas; iniciar o estudantado universitario en eventos científicos; difundir e apoiar grupos e proxectos que promovan a lingua e a cultura galegas e promover relacións científicas con outras institucións do ámbito académico e cultural cubano e internacional.
Ten lugar o 25 de xaneiro na Facultade de Artes e Letras.
Documentos relacionados
-
Cartel JPG