Día de Rosalía na Universidade de Río de Xaneiro

Eventos en liña desde este Centro de Estudos Galegos.

O Centro de Estudos Galegos da Universidade de Río de Xaneiro celebrará o Día de Rosalía con dous eventos a través de internet que terán lugar o venres 18 de febreiro de 2022 desde as 14:00 horas.

Serán as conferencias tituladas ‘Rosalía na obra de Ruth Matilda Anderson’, a cargo de Kathleen March, da Universidade do Maine, e 'Rosalía de Castro e a força do legado céltico', a cargo de Susana Martínez (UFF).

Documentos relacionados

Ligazóns relacionadas