“20 anos de Camiño sobre o charco”

Evento da Cátedra Galega da Universidade da Habana. A actividade “20 anos de Camiño sobre o charco. Unha ollada ás investigacións científicas da Cátedra Galega da Universidade da Habana”, é unha recente homenaxe ás investigacións científicas realizadas por este departamento.

No evento recordáronse as grandes personalidades que pasaron pola Cátedra Galega, achegando o seu gran de area á historia da institución. Expuxéronse ademais as principais investigacións realizadas anualmente. Por último, o Coro Universitario da Universidade da Habana realizou unha actuación con peneira de cancións galegas.