Premios do V Concurso O Ollo de Vidro
Curso: 2021-2022
Nesta edición do concurso O Ollo de Vidro, organizado pola EOI de Vigo, o IES Castelao, IES Pino Manso do Porriño e que conta coa colaboración da SXPL, participaron máis de 30 proxectos audiovisuais, desde escolares a profesionais, con distintos formatos: booktrailers, booktoubers e recomendacións lectoras. Os 10 finalistas foron proxectados no Festival de Cans.
Ligazóns relacionadas
-
Premio do xurado: A metamorfose, de Kafka. Audiovisual de Belén Ocampo Falconi
-
Premio do público: A odisea de Ollie, de Joice. Un booktrailer de Daniela Pérez López
-
Premio Festival de Cans: Árbores no deserto de Rosalía Fernández Rial. Vídeo realizado por Antía Ameixeiras e a autora do libro
-
Mención Especial polo seu labor de promoción da lectura de xeito ameno e divertido: 3500 vidas para vivir. Un booktrailer de Lúa Soto