“Gamificación da colección A señorita Bubble e encontros literarios co alumnado”, Ledicia Costas
Esta actividade xira arredor da colección infantil A señorita Bubble, da que é autora Ledicia Costas. Consiste en gamificar os libros e crear unha proposta de xogos e dinámicas interactivas cos personaxes. Deste xeito, o profesorado terá un recurso para traballar estes libros dun xeito atractivo e innovador, e fomentar a lectura. A dinámica dixital complétase con cinco encontros virtuais onde o alumnado e mais a autora van poder intercambiar impresións sobre as historias.
Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.
- Data: 29/11/2021 Lugar: CEIP Plurilingüe Froebel (Pontevedra)
- Data: 29/11/2021 Lugar:CEP Campolongo (Pontevedra)
- Data: 03/12/2021 Lugar: CEIP Plurilingüe Frián-Teis (Vigo)
- Data: 10/12/2021 Lugar: IES Vicente Cañada Blanch (Londres)
- Data: 13/12/2021 Lugar: CPI Alcalde Xosé Pichel (Coristanco)