Axenda 2023-2024 (formato imprimible e versión interactiva)
Centro: CEIP Juana de Vega, Oleiros (A Coruña)
Curso: 2023 - 2024
Curso: 2023 - 2024
Desde o blog A fiestra da mestra, Patricia Sánchez Lamas, profesora de CEIP Juana de Vega de Oleiros, comparte co profesorado a súa axenda escolar 2023-2024.
Tedes á vosa disposición, ademais dos materiais imprimibles da dita axenda en formato vertical e apaisado, a súa versión interactiva para que a poidades usar en distintos dispositivos. Neste espazo tamén atoparedes calendarios e materiais complementarios moi útiles na organización do día a día da práctica docente.