Entrevistas na radio polo Día da Música
Centro: CEIP Ramón de Valenzuela, A Bandeira (Pontevedra)
Curso: 2023-2024
Curso: 2023-2024
Ilustrativas entrevistas a dous músicos e compositores emblemáticos da Bandeira, Sergio Rodríguez Pena e Manuel Otero Paino, realizadas na radio Garabullo do CEIP Ramón de Valenzuela. As elocuentes reporteiras, que son alumnas e tamén boas músicas, celebraron deste xeito o 22 de novembro, Día da Música.