XV Concurso de Felicitacións de Ano Novo
Centro: IES San Clemente, Santiago de Compostela (A Coruña)
Curso: 2024-2025
Curso: 2024-2025
Baixo o lema "Para o 2025, escollemos galego", o IES San Clemente de Santiago de Compostela convoca o seu tradicional Concurso de Felicitacións de Ano Novo, un certame no que pode participar todo o alumnado de ESA, bacharelato e FP deste centro e de todos os institutos que o desexen. Nesta ocasión, a iniciativa encádrase dentro do proxecto Escollemos galego que está a desenvolver o EDLG durante o curso 2024-2025.
No web do equipo pódense consultar as bases da convocatoria.