Rosalía de Castro cantada
Centro: CEIP A Magdalena, As Pontes de García Rodríguez (A Coruña)
Curso: 2024-2025
Curso: 2024-2025
Entre as actuacións organizadas polo EDLG do CEIP A Magdalena das Pontes de García Rodríguez para celebrar o Día de Rosalía de Castro, atopamos esta vistosa presentación de diferentes poemas ("Negra sombra", "Negro caravel", "Has de cantar", "Cartartei hei, Galicia"…), de Rosalía versionados por músicos actuais nos ritmos que máis lle gustan á rapazada.
Alén diso, o alumnado de 4º A homenaxeou a Rosalía escribindo e recitando unhas preciosas creacións poéticas inspiradas nos poemas máis coñecidos da ilustre escritora. Parabéns a todos os nenos e as nenas participantes!