Reflexións polo día do libro
Centro: CEIP Plurilingüe Ramón Otero Pedrayo, Amoeiro (Ourense)
Curso: 2024-2025
Curso: 2024-2025
Con motivo do Día do Libro, o alumnado do CEIP Plurilingüe Ramón Otero Pedrayo de Amoeiro participou nunha actividade colaborativa e creativa que encheu o colexio de sabedoría e inspiración. Cada clase escolleu e escribiu frases célebres da literatura e de autores e autoras recoñecidas, que foron reunidas para lle dar forma a un mural conmemorativo.
Dende pensamentos profundos ata reflexións divertidas sobre os libros e a lectura, o mural converteuse nun espazo onde as palabras cobraron vida e nos convidaron a seguir lendo, imaxinando e aprendendo.
Velaquí unha escolma das máis salientables: