150 aniversario do Tío Marcos da Portela
Centro: IES Plurilingüe Pintor Colmeiro de Silleda (Pontevedra)
Curso: 2025-2026
Curso: 2025-2026
Un fenomenal episodio de radioficción inventado e gravado polo alumnado de 1º ESO do IES Plurilingüe Pintor Colmeiro, que nos transporta á época do primeiro xornal publicado integramente en galego, O Tío Marcos da Portela. Nel, un grupo de amigos viaxa á feira da Bandeira de 1876 para conseguir un exemplar desta publicación á que quixeron homenaxear, xa que este ano se fan 150 anos da súa aparición.