Pi-lleite!
Centro: IES Plurilingüe de Ames, IES do Milladoiro, Ames e IES Xulián de Magariños, Negreira (A Coruña)
Curso: 2025-2026
Curso: 2025-2026
Primeira edición do concurso matemático PI-lleite! promovido polos equipos de dinamización da lingua galega do IES do Milladoiro, do IESP de Ames e do IES Xulián Magariños, que foi o centro anfitrión. A final intercentros do certame celebrouse no Auditorio Afonso Eanes de Cotón de Negreira coincidindo coa véspera da conmemoración do Día internacional de Pi.
O proxecto, que naceu co obxectivo de promover o uso do galego no eido das matemáticas, foi recoñecido cun dos galardóns do Premio de Innovación en Dinamización Lingüística da Secretaría Xeral da Lingua.