Os nosos Experimentos

Centro: CRA de Monterrei, Monterrei (Ourense)
Curso: 2025-2026

Os nenos e nenas do CRA de Monterrei seguen a facer ciencia na escola e volven agasallarnos cunha nova edición do seu libro de experimentos.

Nel podemos atopar propostas tan interesantes como facer antotipias con cúrcuma ou remolacha ou mesmo converterse en auténticos detectives do amidón.

Coma sempre, o libriño inclúe instrucións e o material necesario para poder realizar os experimentos.

Por que non facer Ciencia en Galego tamén en familia na casa? Animádevos! Só tedes que seguir as instrucións que nos indican e... a experimentar!

Ligazóns relacionadas