Curtametraxe "Soñar"

Centro: CEIP Xesús Golmar, Lalín (Pontevedra)
Curso: 2025-2026

Esta curtametraxe, protagonizada por cativos e cativas de infantil que pertencen ao Club de Ciencia ConcienciaArte do CEIP Xesús Golmar, foi finalista no concurso nacional Platino Educa e agora tamén o é no certame audiovisual de Zas, VI Premios Fouciño. Desexámoslle sorte e dámoslle os parabéns a toda a comunidade educativa!

O argumento contrasta as vidas de dúas nenas, Xulia, no 1926, e Saleta, no 2026, para reflexionar sobre as barreiras das mulleres na ciencia e reivindicar a educación en igualdade. Por outra banda, tamén nos lembra que a nosa lingua non existía nas escolas dos anos 20.

Ligazóns relacionadas