Exposición de Curros Enríquez
Centro: CEIP Curros Enríquez, A Coruña (A Coruña)
Curso: 2013-2017
Curso: 2013-2017
Con motivo do 50º aniversario deste colexio coruñés, inaugurouse unha exposición permanente sobre Curros Enríquez na que se amosan documentos, artigos, libros e todo tipo de materiais sobre a vida e a obra do gran poeta de Celanova. O centro abre agora as súas portas para que este importante recurso didáctico poida ser aproveitado por todos os docentes e escolares de Galicia. A mostra complétase coa reprodución dunha aula de época cedida polo Mupega.
Os centros interesados en visitar esta exposición deben poñerse en contacto coa Dirección do CEIP Curros Enríquez: ceip.curros.corunha@edu.xunta.es