LETRAS GALEGAS 2011
Exposición gañadora do Concurso-Exposición de educación primaria. Categoría A
Centro: CEIP de Laredo (Redondela)
A Secretaría Xeral de Política Lingüística co fin de difundir a figura e o legado do autor entre a comunidade educativa dos diferentes niveis de ensino non universitario, pon á disposición dos centros escolares os seguintes materiais.
• Guía e carteis da exposición gañadora destinada aos centros de educación infantil e primaria,
• Guía e carteis da exposición gañadora destinada aos centros de educación secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional
Cada unha destas exposicións fai un percorrido polos momentos máis significativos da biografía do autor e as múltiples facetas que desenvolveu ao longo da súa vida.