Canta cos Axóuxeres 2007
Os Encontros e As Festas dos Axóuxeres procuran favorecer espazos e ferramentas que animen as nais e os pais a transmitírenlles o galego aos seus fillos
Nestas actividades dos Axóuxeres veñen participando distintos artistas do país, unindo palabra, emoción e música. Mercedes Peón, Uxía ou Guadi Galego son as encargadas, nesta xeira, de sentar ao carón dos bebés e acompañantes, sen micrófonos nin barreiras, para animalos a cantar e a gozar co galego.
Tanto se asistiches como se non a algún destes encontros, propoñémosche que organices un deles na túa casa co teu neno ou nena. Velaquí tes as letras das cancións e mesmo a música dalgunhas delas descargable en mp3, para que as escoites e cantedes tantas veces como queirades.