FALAREDES 2023

O circo do silencio

O circo do silencio. Detalle do cartel
O circo do silencio. Detalle do cartel

A sala de fuxida ou scape room O circo do silencio vaise desenvolver en 10 concellos da Rede de Dinamización Lingüística en sesións sucesivas de 30 minutos ao longo dunha xornada (desde as 11:00 h ata as 21:00 h), nunha pequena carpa circense instalada na rúa. Está pensada para catro xogadores en cada quenda, que terán que resolver en equipo unha serie de enigmas para completaren a misión final.

A actividade parte da historia dun circo máxico que perdeu todas as palabras que lles permitían falar cos animais e crear espectáculos incribles. Os participantes interpretan un grupo de detectives contratados para investigaren o roubo. Terán que atopar pistas, resolver enigmas, descifrar códigos e xogar coa lingua para recuperar as palabras e devolverllas ao circo.

Axenda de FalaRedes 2023. O circo do silencio
Data e hora  Lugar  Concello  Provincia
20 de xullo Praza do Concello Xinzo de Limia Ourense
21 de xullo Praza Maior Ponteareas Pontevedra
25 de xullo Paseo Marítimo Foz Lugo
26 de xullo Alameda A Estrada Pontevedra
28 de xullo Praza Ester Pita en Santa Cruz Oleiros A Coruña
30 de xullo Praza de Galicia Arzúa A Coruña
31 de xullo Praza do Corgo O Grove Pontevedra
3 de agosto Alameda Ordes A Coruña
4 de agosto Carballeira  Caldas de Reis Pontevedra
15 de agosto Alameda  Verín Ourense

Documentos relacionados