As mulleres da obra e a vida de Castelao

28/11/2025 Volver

Actividade do CEG da Universidade do País Vasco.

O próximo mércores 3 de decembro ás 11:00 horas no Salón de Graos da Facultade de Letras celébrase a figura de Castelao, homenaxeada este ano 2025 con motivo do 75 aniversario da súa morte. Carme Varela, escritora e gran coñecedora deste personaxe fundamental para a literatura, cultura e historia galegas, falará sobre “As mulleres da vida e obra de Castelao”. A pesar de invisibilización que estas figuras femininas puideron sufrir historicamente no ámbito académico, a súa importancia é vital para entender as aportacións literarias e culturais de Castelao.