Presentación “O libro negro da lingua galega”
Actividade do CEG da Universidade do País Vasco.
O venres 23 de outubro ás 11:00 horas na aula 0.09 Carlos Callón presentará “O libro negro da lingua galega”. Na súa faceta como investigador da Universidade de Santiago de Compostela, ten traballado en profundidade a persecución e minorización da lingua galega. Esta obra recompila parte desta actividade académica e recolle testemuños que documentan a discriminación sufrida polo galego dende o século XV ata finais do século XX.
Documentos relacionados
-
Cartel PDF