Volver

Revisitando a Antonio Fraguas

No marco da programación institucional da Xunta de Galicia para as Letras Galegas 2019, a Consellería de Cultura e Turismo colabora coa A.C. Albatros no documental divulgativo e didáctico Revisitando a Antonio Fraguas, do que aquí se mostra un adianto. O documental completo, elaborado na primavera de 2019, será exhibido na exposición biobibliográfica Antonio Fraguas Fraguas. A vida e a obra, que produce o Museo do Pobo Galego co apoio da mencionada consellería.

Ficha técnica

Información técnica

2019 | Documental I 31 min | HD I Direccion, producion e montaxe: Gonzalo Enríquez Veloso | Producion executiva: Gonzalo Enríquez Veloso | Son directo: Santiago Teijelo e Fran Naveira | Guion: Iago Seoane e Gonzalo Enríquez Veloso | Fotografía: Santiago Teijelo Vázquez, Calbert Film e Iago Seoane | Etalonaxe: Santiago Teijelo Vázquez | Postproducion de son: Manuel Rega | Documentacion: Clodio González, Xusto Beramendi, David Conde e Mélodi Parga Otero | Asesoría legal e administracion: Sandra Expósito García.

Participantes

Participan no documental amigos e especialistas na figura de Antonio Fraguas, como Clodio González, María Xosé Fernández Cerviño, Rosa Méndez, Xusto Beramendi, María Xosé Enríquez, Marta Álvarez ou Víctor Freixanes, e as alumnas do IES Rosalía de Castro Teo Gómez López, Carolina Silva Rey, Xoana Lema Barcia, María Lama Fernández, Alba Miramontes Mera, Patricia Sanmiguel Vázquez e Luzia Méndez Senra.

Sinopse

Documental divulgativo sobre as Letras Galegas 2019, dedicadas a Antonio Fraguas, no que participan amigos e especialistas na súa figura e onde se abordan diversos aspectos da súa vida e da súa obra.