VII Carreira Camiño das Letras
Xurdir, coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a través das secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura, organiza o luns 17 de maio de 2021 a VII edición da Carreira Camiño das Letras, que busca unir a práctica deportiva coa conmemoración do Día das Letras Galegas e o simbolismo do Camiño de Santiago.
Constará dunha proba absoluta das categorías máster, sénior, sub23 e sub20 que sairá a partir das 10.00 horas desde as proximidades do Pico Sacro e seguirá un circuíto de 15 km, ao longo da Ruta da Prata ou Camiño do Sueste, ata a Cidade da Cultura.
Todas as persoas participantes que se inscriban na proba recibirán no momento da recollida do dorsal, e como agasallo da organización, un libro e mais o diploma Camiño das Letras.
Ademais, as persoas gañadoras recibirán os seguintes premios:
- Os 3 primeiros clasificados e clasificadas da proba recibirán un trofeo deseñado especialmente para a proba e un lote de libros.
- Os tres primeiros clasificados de cada categoría establecida neste regulamento recibirán un lote de libros.
- O club federado do que máis atletas rematen a proba recibirá un trofeo e un lote de libros.
Documentos relacionados
-
Cartel PDF