Volver

Latingal

Dicionario latín-galego para móbiles con máis de 30.000 entradas elaborado polos profesores Raúl Gómez Pato e José Carracedo Fraga. Polo de agora, está dispoñible para calquera dispositivo con sistema Android, mais os seus creadores están traballando xa nunha versión compatible con iOS.

  • Latingal

    Latingal

Conta cun sistema de busca preditiva, que ben pode facerse por palabra, ben aplicando algúns dos filtros da busca avanzada (“comeza por…”, “contén…”, “termina en…”). Permite, ademais, especificar o tipo de palabra e o caso.

Das máis de trinta mil entradas, ofrécese a súa categoría gramatical, o equivalente galego, indicacións semánticas e de uso e mais exemplos. Permite –unha vez descargada a app– a consulta dos termos sen necesidade de conexión.